Énos moi grato comunicarvos que a fin de semana do 14 e 15 de Decembro de 2019 terá lugar a “VI Xuntanza Soncello”. Esta vez o centro que acolle o noso evento é ol Conservatorio Profesional de Música de Lugo.
A asistencia á VI Xuntanza será libre e gratuíta para todos os socios de Soncello.
Gozaremos dunha Clase Maxistral a cargo de Iván Siso, a cal está aberta a soci@ s de Soncello que estean ao corrente de pago das súas cotas. As tarifas para a clase maxistral son:
Violonchelistas: 35€
Grupos de música de cámara: 50€ por grupo.
A admisión realizarase por rigorosa orde de recepción de solicitudes.
Todos os que esteades interesade@ s nas clases deberedes enviar un email a soncellogalicia@gmail.com cos seguintes datos:
Nome y Apelidos
Curso
Repertorio a traballar
Xustificante bancario de abonar os dereitos de inscrición.
Para o abono deberedes contactar previamente connosco a través da mesma dirección de correo electrónico.
O domingo pola mañá tamén teremos un TALLER DE FERRAMENTAS PEDAGÓXICAS PARA O ENSINO DO VIOLONCELO, que estará aberto a tod@ s l@ s socios de Soncello que desexen asistir. Neste caso a tarifa para l@ s non soci@ s é de 20€ (Pódese abonar o mesmo día do taller).
@ s soci@ s de Soncello que desexen participar no MARATÓN DE CONCERTOS da tarde do sábado, deberán enviar unha proposta de programa (15 minutos de duración máxima) antes do 22 de novembro. Na proposta indicaranse os nomes de tod@ s l@ s participantes, o título completo da obra e as necesidades materiais (piano, atrís…).
Para finalizar esta Xuntanza programamos un CONCERTO DE LAUREADOS DO III CONCURSO SONCELLO PARA MOZOS CELLISTAS, desde Soncello convidaremos a diferentes premiade@ s da pasada edición do noso Concurso.
SONCELLO OFRECERÁ A TODOS OS PARTICIPANTES NA VI XUNTANZA OBSEQUIOS RECORDATORIOS DA ACTIVIDADE.
Comments