Xa temos todo preparado para levar a cabo a última actividade deste ano 2023! Trátase da IX Xuntanza Soncello que, nesta ocasión, terá lugar o sábado 16 de decembro no CMUS Profesional de Vigo.
Entre moitas outras actividades, teremos un obradoiro de música folk para o que será necesario cubrir a preinscrición que atoparedes na web:
Aproveitaremos tamén para celebrar unha reunión extraordinaria de socios. A convocatoria enviarase aos nosos/as socios/as en breve por correo electrónico.
E, coma sempre, remataremos a xornada cun ensaio e concerto a cargo da Orquestra Soncello, polo que pedimos que todos os que queirades participar nela, nos envíeces un correo avisando.
16:00 - Ensemble de violonchelos KV211
16:30 - Obradoiro: O Violonchelo no folk, impartido por Iván Nogueira
17:30 - Presentacións de novidades discográficas:
"On.Cello" - Iván Nogueira
"O violonchelo nos tempos de Gaos" - Carolina Landriscini e Damián Hernández
"Berce" - Alejandra Díaz
19:00 - Asemblea de Socios
19:30 - Ensaio e concerto final da Orquestra Soncello
Podedes atopar toda a información actualizada sobre a Xuntanza na nosa web! www.soncello.org/ixxuntanza
Animamos a todos a participar nesta nova edición, vémonos en Vigo!
Comments