Estamos moi contentos de anunciarvos unha nova edición de "Conversando con Soncello"! Nestas charlas, o noso obxectivo é coñecer máis sobre o traballo de violonchelistas de todo tipo de perfís. Na entrega anterior, tivemos o pracer de escoitar a violonchelistas investigadores, nunha charla que tivo lugar de xeito virtual a través de ZOOM, como é costume.
Nesta quinta edición, que non só se celebrará en liña a través de ZOOM, senón que tamén se realizará presencialmente, durante o V Curso de Verán Soncello, dende Panxón. Teremos dous convidados excepcionais que compartirán as súas experiencias como estudantes en diferentes países e sistemas educativos: Violoncellistas Estudantes.
Jorge Suárez Cerdeira: Estudante de máster na Hochschule für Musik Karlsruhe.
Jimena Andión García: Master na Academia de Música de Cracovia e academista no Teatro Alla Scala de Milán.
Moderador: Iván Nogueira
Data: Xoves 4 de xullo ás 21:00 horas, presencialmente dende o CEE de Panxón, e retransmitido para todos os nosos socios a través de ZOOM.
Despois dunha hora de conversa cos nosos convidados, haberá espazo para preguntas e participación de todos os asistentes interesados.
Todos os membros de Soncello recibirán por correo electrónico a ligazón para unirse á sesión a través de ZOOM.
Ao remate da charla enviarase outro correo electrónico coa ligazón á gravación.
Agardámoste entón, presencialmente ou virtualmente!
Comments