Xa temos todo preparado! Alumnado e profesorado ultiman os últimos detalles do noso curso de violonchelo deste ano, e que se celebrará de novo na localidade costeira de Panxón (Nigrán).
Ademais de clases individuais de violonchelo e con pianista, obradoiros en demáis actividades lectivas, temos 3 fantásticos concertos, ao que estades todos convidados!
Os concertos terán lugar tanto no Auditorio de Nigrán como na Igrexa de Santiago de Parada, os días 30 de xuño, 3 e 5 de xullo. A entrada é de balde. Ven escoitar aos nosos violonchelistas!
Durante o concerto de clausura do 5 de xullo poderemos escoitar a música que o noso alumnado vai preparar durante o curso. Ademais, contaremos tamén co violonchelista Jorge Suárez, que tocará xunto coa pianista Brenda Vidal. Para rematar, os profesores do curso interpretarán un programa para cuarteto de violonchelos.
Deixámosvos a continuación todos os detalles e o programa detallado. Esperamos vervos!
Comments