top of page
Writer's pictureSoncello

Concerto do gañador do Premio Cidade da Coruña 2023

Lorenzo Guida, gañador do Premio Cidade da Coruña no V Concurso de Soncello para Novos Violonchelistas, debutará como solista coa Orquestra Sinfónica de Galicia nun concerto que xa está nas nosas axendas!


O 22 de febreiro de 2024 ás 20:00 h no Palacio da Ópera da Coruña. Lorenzo interpretará o Concerto no. 1 en Mi bemol maior, Op. 107, de Dmitri Shostakovich, acompañado pola Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixida por José Trigueros.


O premio de Lorenzo Guida no V Concurso de Soncello é un exemplo da prometedora carreira que o noso mozo violonchelista ten por diante. Este concerto é unha oportunidade única para experimentar o seu talento en directo!


A entrada será gratuíta. Marca o 22 de febreiro no teu calendario e acompáñanos no Palacio da Ópera da Coruña.



Lorenzo Guida (esquerda) e Jorge Suárez Cerdeira (dereita). Finalistas na categoría solista.







15 views0 comments

Yorumlar


bottom of page