O mes de Outubro ven cheo de música, e por fin xa chegou o momento de compartir as datas e programas do Ciclo de Concertos Soncello. 6 concertos, que terán lugar en 3 conservatorios profesionais de Galicia:
- 17 de Outubro no CMUS Profesional da Coruña ás 20:00
- 18 de Outubro no CMUS Profesional da Coruña ás 19:00
- 20 de Outubro no CMUS Profesional de Vigo ás 20:00
- 21 de Outubro no CMUS Profesional de Vigo ás 19:00
- 27 de Outubro no CMUS Profesional de Ferrol ás 18:30
- 28 de Outubro no CMUS Profesional de Ferrol ás 19:00
Os concertos serán impartidos por Saúl Nogareda, Rubén Canedo e Lucía López, socios de Soncello. Os programas interpretados van dende o Barroco de D. Gabrielli ou J. S. Bach, ata o modernismo de P. Hindemith, pasando polo virtuosismo de D. Popper.
Co Ciclo de Concertos Soncello queremos dar a coñecer o traballo que desenvolve a nosa asociación a través das voces dos seus músicos, dando a coñecer Soncello aos mozos violonchelistas, estudantes dos distintos centros onde se celebran os concertos.
Animámosvos a achegarvos aos concertos e desfrutar cos fantásticos programas dos nosos compañeiros!
Comments