top of page
Writer's pictureSoncello

III Ciclo de Concertos Soncello 2024

Con chegada do outono, que unha vez máis se presenta cheo de música, estamos emocionados de anunciarvos as datas e repertorios do III Ciclo de Concertos Soncello 2024. Serán catro actuacións, que terán lugar en tres conservatorios profesionais de Galicia.


Este ciclo ten como propósito principal difundir o traballo da nosa asociación a través das presentacións dos nosos músicos, e ao mesmo tempo, achegar Soncello a estudantes e mozos violonchelistas dos centros onde se celebrarán os concertos.


Estas son as datas:


  • 4 de Decembro no CMUS Profesional de Viveiro ás 19:00


Programa a cargo de Alexandre Ferreira, Carlos Ares (cello) e Javier López (piano). Obras de D. Popper, C. Saint-Saëns e S. Prokofiev


  • 9 de Decembro no CMUS Profesional de Viveiro ás 19:00


Programa a cargo de Millán Abeledo (cello) e Elisa Martín (piano). Obras de R. Schumann, A. Gaos, F. Chopin e A. Piazzolla.


  • 9 de Xaneiro (2025) no CMUS Profesional de Monforte ás 18:00


Programa a cargo de Alexandre Ferreira, Carlos Ares (cello) e Javier López (piano). Obras de D. Popper, C. Saint-Saëns e S. Prokofiev


  • 20 de Xaneiro (2025) no CMUS Profesional de Santiago ás 19:30


Programa a cargo de Millán Abeledo (cello) e Elisa Martín (piano). Obras de R. Schumann, A. Gaos, F. Chopin e A. Piazzolla.


Convidámosvos a asistir a estes concertos e a gozar dos magníficos programas que os nosos compañeiros están a preparar con entusiasmo. Agardámosvos!




12 views0 comments

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page