top of page
Writer's pictureSoncello

Centenario de Janos Starker en Sevilla

Soncello, a Asociación de violoncellistas de Galicia, participa con orgullo como colaborador na organización da celebración da homenaxe a Janos Starker, co motivo do centenario do seu nacemento.


O evento transcurrirá entre os días 27, 28 e 29 de setembro e celebrarase no Conservatorio Superior de Sevilla.


Esta homenaxe e todos os actos están organizados por algún dos antigos alumnos do mestre que actualmente desenvolven as súas carreiras en España.


Soncello participa como co-organizador deste homenaje por tratarse da única Asociación de Violonchelistas con sede en España que desenvolve o seu traballo neste ámbito desde 2012.


En su condición de entidad co-organizadora, Soncello reserva 2 prazas aos seus socios para participar como alumnos activos na clase maxistral que se celebrará durante a fin de semana de celebración do homenaje.


O propio mestre Janos Starker mostrou o seu apoio de maneira persoal ao nacemento de Soncello enviando esta carta de apoio no ano da fundación da Asociación de Violonchelistas de Galicia.

Ao longo da fin de semana haberá charlas, mesas redondas, concerto dun conxunto de violonchelos formado para a ocasión e, cabe destacar a participación do prestixioso violonchelista Gary Hoffman (que tamén foi alumno de Janos Starker no seu día), quen impartirá clases maxistrais a mozos violonchelistas durante toda a fin de semana.


A planificación detallada das actividades publicarase na páxina de Facebook creada para o evento:


Procedemento de inscrición como estudante activo para clases maxistrais con Gary Hoffman:


Datas e horarios da clase maxistral:


Venres 27 de 10.00 a 13.00 horas. Sábado 28 de 10 a 13 h. Domingo 29 de 9:30 a 12:30


Lugar:


Conservatorio Superior de Música de Sevilla


Número de prazas dispoñibles:


9, dos cales 2 están reservados para socios de Soncello


Taxa de inscrición:


100 €


Duración da clase individual:


60'


Pianista acompañante:


Si


Prazo de inscrición:


do 15 de agosto ao 6 de setembro


Se estás interesado en participar, podes inscribirte a través do formulario que atoparás no seguinte enlace:



Unha vez pechado o prazo de inscrición, unha comisión formada por Israel Fausto Martínez, Suzana Stefanovic e Carolina Landriscini seleccionará aos alumnos a partir dos vídeos enviados polos solicitantes.


O martes 10 de setembro confirmarase por correo electrónico os 9 participantes que foron seleccionados.


Aos participantes que non fosen seleccionados devolveráselles o importe aboado.


Esperamos vervos alí e revivir o espírito do gran mestre, que tanto aportou ao mundo do violonchelo, coas súas excepcionais calidades musicais e humanas.



Gary Hoffman impartirá clases maxistrais durante o Centenario de Janos Starker en Sevilla

0 views0 comments

Comments


bottom of page