
Categorías
O concurso está aberto a xoves violonchelistas. Consta de 4 categorías e unha categoría especial:
-
Lee: nados despois do 1 de xaneiro de 2010.
-
Duport: nados despois do 1 de xaneiro de 2006.
-
Popper: nados despois do 1 de xaneiro de 2001.
-
Solista: nados despois do 1 de xaneiro de 1998.
-
Especial soncello: Violoncellistas galegos nados a partir do 1 de xaneiro de 2006 (A) e nados a partir do 1 de xaneiro de 1998 (B). Esta categoría está exenta da fase eliminatoria.
Os concursantes poderán participar en máis dunha categoría.
A organización do concurso estudará as posibles excepcións con respecto á idade e nivel ao que asista o candidato, previa solicitude no boletín de inscrición.
Lugar e data
O concurso terá lugar os días 9, 10 e 11 de Maio de 2025 no CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE A CORUÑA.
Data límite de inscrición
A inscrición no concurso estará aberta ata o 14 de abril de 2025. Pódese realizar a través do boletín en liña desta mesma páxina.
●Todas as notificacións realizaranse a través da páxina web da Asociación Galega de Violonchelistas www.soncello.org.
Unha vez rematado o prazo de inscrición publicarase a relación de participantes de cada categoría.
Premios
Categoría Lee:
-
Primeiro premio: un cheque agasallo por valor de 150 €*
_________________________________________
Categoría Duport:
-
Primeiro premio Duport: un cheque regalo por valor de 250 €*
_________________________________________
Categoría Popper:
-
Primeiro premio: Un cheque agasallo por valor de 400 €*
*Os cheques agasallo teñen como finalidade contribuír a sufragar os gastos de adquisición de partituras ou outro material musical (reparación de lutheria, compra de complementos), ou cubrir parcialmente os gastos de matrícula en clases maxistrais ou cursos. Por este motivo, faranse efectivos aos gañadores mediante transferencia bancaria previa xustificación do gasto realizado.
_________________________________________
Categoría Solista:
Premio Finalista
-
100€ en concepto de axuda de locomoción para finalistas residentes en Galicia.
-
300€ en concepto de axuda de locomoción para finalistas residentes noutros lugares de España.
-
450€ en concepto de axuda de locomoción para finalistas residentes no estranxeiro.
Premio Cidade da Coruña
Concerto como solista acompañado da Orquestra Sinfónica de Galicia na tempada 2025/2026.
_________________________________________
Categoría Especial Soncello:
*Os aspirantes deberán interpretar con acompañamento de piano a obra indicada correspondente á súa franxa de idade (consultar punto 1).
- A: Concerto “Añoranzas” (segundo movemento)
- B: Concerto “Añoranzas” (tercer movemento)
Premio Especial Soncello
Cesión temporal (18 meses) dun violonchelo categoría semiprofesional e dun arco de estudo de primeira calidade.
Adicionalmente, a Asociación de Violoncellistas de Galicia poderá organizar un ou varios Concertos de Laureados convidando aos gañadores das distintas categorías.
Entregarase un diploma acreditativo a todos os participantes.
